Ixumm: Ideas X un mundo mellor

Este blog pretende publicar dun xeito sinxelo e rapido distintas ideas que desenvolvin o longo do tempo co obxecto de dalas a coñecer e de que se alguen as atopa de utilidade que as empregue.

29.9.04

FIDE (e V)

Finalmente quixera expoñer algúns dos condicionantes que tería que cumprir o FIDE para ser realmente de utilidade.
En primeiro lugar tería que dispoñer dunha estructura moi lixeira, de xeito que se limitasen os gastos superfluos derivados dunha organización sobredimensionada. Debería estar aberto as colaboración sen remuneracións do máximo número de expertos para o análise dos investimentos e así, optimizar os limitados recursos do Fondo, adiándoos exclusivamente o pago dos proxectos e a súa realización física. Neste sentido habería que tentar acadar a maior transferencia cara os países destino, escollendo sempre que sexa posible profesionais i empresas dos mesmos.
Os criterios de investimento deberían ser a longo prazo, mais beneficiosos para o futuro destes países, e coa análise dos máximos beneficios. Así, por exemplo, se adiarían fondos á construcción dunha estrada que favorece o comercio e a prosperidade das rexións e non a situación temporais coma desastres naturais ou situacións de fame, das que xa se encargan outras organizacións.
Por outra banda o FIDE tería que seguir unha política de tolerancia cero respecto a corrupción. As actitudes frouxas fronte a este problema son so responsables da súa proliferación. O FIDE estaría en posición de forza, desestimando calquera investimento que supuxese ter que derivar parte dos fondos o pago de comisións a funcionarios corruptos, caciques e outros parasitos económicos.Así, se fomentaría unha cultura de pulcritude moi necesaria neses países e que posiblemente espertarían unha moi saudable presión social para que tódalas estructuras da sociedade seguisen exemplo.En conclusión, o FIDE tería unha estructura moi sinxela, destinada a espremer cada céntimo en beneficio dos países que mais o precisan, sen atender a presións políticas ou económicas de ningún tipo, impulsando a loita contra a corrupción e as desigualdades en todo o mundo.

28.9.04

FIDE (IV)

Neste punto xa seguramente apareceu na súa mente a pregunta de como raio se vai financiar éster Fondo. Pois ben, os dous métodos fundamentais de financiamento serian por unha banda o sector público, isto é, os gobernos dos distintos países, e pola outra, achegas filantrópicas privadas.
De todos é coñecido que nalgunhas ocasión os gobernos fan concesións os países pobres eximíndoos do pago da débeda contraída con eles, xa ben sexa por causa de acordos comerciais ou como axudas directas, en ocasións para paliar os efectos de desastres naturais. O FIDE se propón coma o vehículo axeitado para canalizar esas axudas dun xeito mellor ca os sistemas actuais, que en ocasións teñen pouca ou ningunha utilidade, xa que unha vez concedidas se perde o control sobre as mesmas, acabando na súa maior parte en mans da corrupta clase dominante. O FIDE permitiría garantir o obxecto final desas axudas, e dicir, a construcción de infraestructuras sanitarias, educativas e de comunicacións, dun xeito mais eficiente, e se deseña axeitadamente sen os problemas da corrupción.
Unha das partidas de onde se podería alimentar o Fondo, serían as relativas as xeradas pola presión publica os gobernos para que destine o 0,7% do PIB a proxectos de desenrolo, co que se podería establecer unha vía estable de financiamento a partir dos presupostos dos países ricos.
O outro xeito de financiamento son as doazóns de entidades privadas. Anualmente, tanto as grandes fortunas como as mais modestas clases medias, así como numerosas empresas, contribúen a infinidade de programas de axuda no terceiro mundo a través dunha chea de ONG s e outras institucións. Moitas delas teñen unha taxa de transferencia de recursos moi baixa, xa que grande parte dos ingresos se gasta no primeiro mundo en burocracia, servicios e publicidade, o cal non é moi beneficios. De calquera xeito o FIDE sería unha mais das opcións dentro da liberdade individual de contribuír a aquelas organizacións que cada quen desexe.
Un incentivo ás contribucións ó Fondo, estaría en mans dos gobernos dos países ricos, se considerasen as achegas privadas coma un ben para a humanidade, e outorgaran créditos fiscais do mesmo xeito que outras organizacións coma a Cruz Vermella en España.

27.9.04

FIDE (III)

Un dos problemas que xorden agora esta en decidir cales son os países obxecto deste fondo. A resposta é tódolos países pobres en desenvolvemento, podéndose marcar como referencia un determinado porcentaxe do PIB per capita dunha cesta de países, ou sobre a media mundial.
A acumulación desa débeda externa se faría en función das dispoñibilidades económicas do Fondo, independentemente da situación do pais, tentando de aproveitar as mellores oportunidades que ofreza o mercado coa fin de optimizalos limitados recursos do Fondo. Iso si, a situación do pais, sería determinante para decidir a inversión, ou conxelala acumulándoa para cando a situación fose axeitada. Pero, os ingresos por intereses da débeda dun pais nunca se poderían destinar á outros países, senón que se reservarían ou en casos excepcionais, a adquirir mais débeda de ese mesmo pais. Polo tanto, para que un pais recibise a inversión orixinada polos pagos dos intereses, tería que cumprir certos condicionantes. A determinación exacta dos mesmos requiriría unha análise mais detallada, pero fundamentalmente, estaría enfocada a busca-la estabilidade, un sistema democrático, unha corrupción controlada, limite de gasto militar, sistema xudicial fiable, dereitos sobre a propiedade garantidos evitando os abusos, así como garantías para a liberdade dos cidadáns. O obxectivo, non sería dirixir eses países cara unha copia do sistema occidental, senón que desenrolasen o seu propio sistema social, pero mantendo unhas garantías mínimas ós seus cidadáns.
Cando o pais alcanzase o limiar de riqueza establecido, estableceríase o sistema de saído do Fondo. Este require un estudio mais detallado pero a titulo indicativo, sinalarei algunhas alternativas.
a) Mantemento no sistema, pero sen incremento da cantidade de débeda acumulada polo Fondo, mantendo as inversións.
b) Saída paulatina ó longo de varios anos rara diminuílo choque da desaparición das inversións coa venda a inversores privados da débeda.
c) Repago da débeda cos intereses e destino deses fondos a outros países.
Por suposto, se poderían combinar diversas solucións en función das necesidades de cada pais e do seu nivel de riqueza, pero baixo unhas directrices expostas de principio para evitar tratos inxustos e diferentes en función da capacidade de presión de cada pais.

24.9.04

FIDE (II)

O obxectivo da presentación previa é servir de preámbulo para unha idea moi sinxela e por iso creo que moi potente: A creación dun Fondo Mundial de Débeda Externa. Este fondo se adiaría en primeiro lugar a facerse coa débeda externa dos países pobres, e mais adiante, en función das capacidades financeiras do fondo facerlles novos empréstitos., co obxecto de reinvestir nos países de orixe os recursos obtidos polo servicio desa débeda. Solucionariamos deste xeito o principal problema da débeda, os recursos serían reinvestidos enriquecendo o pais con infraestructuras e servicios e non saquealo en beneficio dos países ricos como ocorre na actualidade.
Eses investimentos irían enfocados no que na miña opinión son os piares básicos do crecemento dunha economía, a construcción de infraestructuras, de comunicación, educativas i sanitarias, pero non o financiamento da prestación dos servicios que terían que ser por conta dos países beneficiarios.
O modelo a imitar sería o dos Fondos de Cohesión da Unión Europea, financiando total ou parcialmente melloras permanentes nas infraestructuras, nunca subvencións a producción ou ó sostemento de servicios, senón a construcción de edificios i estructuras físicas, xa que o financiamento dos servicios suporía transmitir a negativa de eximir de responsabilidade os países beneficiarios.O obxectivo primario sería polo tanto o investimento en infraestructuras de comunicación, coma estradas, camiños de ferro, aeroportos, portos, telecomunicacións , xa que estes teñen un efecto multiplicador sobre a economía posto que facilitan o comercio e reducen as insuficiencias do mercado, xerando riqueza.

23.9.04

Fondo Internacional de Débeda Externa (FIDE) (I)

Un dos principais problemas que asexan os países pobres é a Débeda Externa. Esta supón un lastre cara o seu futuro, xa que drenan constante e irremediablemente os seus escasos recursos moi necesarios para o seu progreso. Numerosos países que xa teñen dificultades para recadar fiscalmente fondos para financiar as usas inversións e servicios básicos atópanse con que teñen que dar unha importante parte deses ingresos en concepto de intereses a bancos i estados estranxeiros ou a organizacións coma o FMI, limitando as posibilidades de saír do buraco no que están metidos. A discusión de cómo se chegou a esta situación é sumamente erma e carente de sentido, so a ser tida en conta nos condicionantes dunha situación factible e duradeira. Así que non podemos na actualidade poñernos a xulgar se eses países chegaron a esa situación por gobernos corruptos, guerras civís ou calquera outra circunstancia, que en moitas ocasións son consecuencia das actuacións do primeiro mundo neses países por intereses estratéxicos militares, de recursos naturais ou económico.
Dende este punto de vista pragmático, non importa (relativamente) o pasado e que hai que plantexar solucións factibles e sostibles no tempo e así acabar con situacións de inxustiza que son o caldo de cultivo da inmigración ilegal, terrorismo, mafias, etc.…
As propostas de solución a este problema xa se teñen presentado, sendo mais ou menos acertadas. Unha das que mais éxito acadou, sobre todo en movementos de esquerda esta na condonación da Débeda, xa ben de xeito directo ou en troque de acordos comerciais, xeralmente en beneficio de grandes multinacionais (este sistema favorecido polos gobernos de dereita). En ámbolos dous casos, penso que non so e negativo, senón contraproducente. No segundo caso porque supón a pervivencia dun colonialismo económico que se ten demostrado con efectos nefastos para a economía deses países, xerando corrupción, ineficiencias, derroches, etc…No outro porque supón un mal precedente eximilos de toda responsabilidade da sua actual situación e unha incitación implícita a cometer os mesmo erros que no pasado.
Unha boa solución sería que orientarse a solventar os dous principais efectos negativos da Débeda Externa: En primeiro lugar a paliar a drenaxe de recursos mi necesarios para o seu desenvolvemento que supón o pago dos intereses da mesma i en segundo lugar a fomentar un sentimento de responsabilidade neses países con respecto o que queren ser. Neste punto quixera facer unha critica a organizacións coma o FMI, que se limitan a impoñer determinadas ortodoxias macroeconómicas sen atender ós problemas de fondo nos países nos que operan, empeorando a situación en moitos casos, como por exemplo a Arxentina.