Ixumm: Ideas X un mundo mellor

Este blog pretende publicar dun xeito sinxelo e rapido distintas ideas que desenvolvin o longo do tempo co obxecto de dalas a coñecer e de que se alguen as atopa de utilidade que as empregue.

29.9.04

FIDE (e V)

Finalmente quixera expoñer algúns dos condicionantes que tería que cumprir o FIDE para ser realmente de utilidade.
En primeiro lugar tería que dispoñer dunha estructura moi lixeira, de xeito que se limitasen os gastos superfluos derivados dunha organización sobredimensionada. Debería estar aberto as colaboración sen remuneracións do máximo número de expertos para o análise dos investimentos e así, optimizar os limitados recursos do Fondo, adiándoos exclusivamente o pago dos proxectos e a súa realización física. Neste sentido habería que tentar acadar a maior transferencia cara os países destino, escollendo sempre que sexa posible profesionais i empresas dos mesmos.
Os criterios de investimento deberían ser a longo prazo, mais beneficiosos para o futuro destes países, e coa análise dos máximos beneficios. Así, por exemplo, se adiarían fondos á construcción dunha estrada que favorece o comercio e a prosperidade das rexións e non a situación temporais coma desastres naturais ou situacións de fame, das que xa se encargan outras organizacións.
Por outra banda o FIDE tería que seguir unha política de tolerancia cero respecto a corrupción. As actitudes frouxas fronte a este problema son so responsables da súa proliferación. O FIDE estaría en posición de forza, desestimando calquera investimento que supuxese ter que derivar parte dos fondos o pago de comisións a funcionarios corruptos, caciques e outros parasitos económicos.Así, se fomentaría unha cultura de pulcritude moi necesaria neses países e que posiblemente espertarían unha moi saudable presión social para que tódalas estructuras da sociedade seguisen exemplo.En conclusión, o FIDE tería unha estructura moi sinxela, destinada a espremer cada céntimo en beneficio dos países que mais o precisan, sen atender a presións políticas ou económicas de ningún tipo, impulsando a loita contra a corrupción e as desigualdades en todo o mundo.