Ixumm: Ideas X un mundo mellor

Este blog pretende publicar dun xeito sinxelo e rapido distintas ideas que desenvolvin o longo do tempo co obxecto de dalas a coñecer e de que se alguen as atopa de utilidade que as empregue.

27.9.04

FIDE (III)

Un dos problemas que xorden agora esta en decidir cales son os países obxecto deste fondo. A resposta é tódolos países pobres en desenvolvemento, podéndose marcar como referencia un determinado porcentaxe do PIB per capita dunha cesta de países, ou sobre a media mundial.
A acumulación desa débeda externa se faría en función das dispoñibilidades económicas do Fondo, independentemente da situación do pais, tentando de aproveitar as mellores oportunidades que ofreza o mercado coa fin de optimizalos limitados recursos do Fondo. Iso si, a situación do pais, sería determinante para decidir a inversión, ou conxelala acumulándoa para cando a situación fose axeitada. Pero, os ingresos por intereses da débeda dun pais nunca se poderían destinar á outros países, senón que se reservarían ou en casos excepcionais, a adquirir mais débeda de ese mesmo pais. Polo tanto, para que un pais recibise a inversión orixinada polos pagos dos intereses, tería que cumprir certos condicionantes. A determinación exacta dos mesmos requiriría unha análise mais detallada, pero fundamentalmente, estaría enfocada a busca-la estabilidade, un sistema democrático, unha corrupción controlada, limite de gasto militar, sistema xudicial fiable, dereitos sobre a propiedade garantidos evitando os abusos, así como garantías para a liberdade dos cidadáns. O obxectivo, non sería dirixir eses países cara unha copia do sistema occidental, senón que desenrolasen o seu propio sistema social, pero mantendo unhas garantías mínimas ós seus cidadáns.
Cando o pais alcanzase o limiar de riqueza establecido, estableceríase o sistema de saído do Fondo. Este require un estudio mais detallado pero a titulo indicativo, sinalarei algunhas alternativas.
a) Mantemento no sistema, pero sen incremento da cantidade de débeda acumulada polo Fondo, mantendo as inversións.
b) Saída paulatina ó longo de varios anos rara diminuílo choque da desaparición das inversións coa venda a inversores privados da débeda.
c) Repago da débeda cos intereses e destino deses fondos a outros países.
Por suposto, se poderían combinar diversas solucións en función das necesidades de cada pais e do seu nivel de riqueza, pero baixo unhas directrices expostas de principio para evitar tratos inxustos e diferentes en función da capacidade de presión de cada pais.