Ixumm: Ideas X un mundo mellor

Este blog pretende publicar dun xeito sinxelo e rapido distintas ideas que desenvolvin o longo do tempo co obxecto de dalas a coñecer e de que se alguen as atopa de utilidade que as empregue.

28.9.04

FIDE (IV)

Neste punto xa seguramente apareceu na súa mente a pregunta de como raio se vai financiar éster Fondo. Pois ben, os dous métodos fundamentais de financiamento serian por unha banda o sector público, isto é, os gobernos dos distintos países, e pola outra, achegas filantrópicas privadas.
De todos é coñecido que nalgunhas ocasión os gobernos fan concesións os países pobres eximíndoos do pago da débeda contraída con eles, xa ben sexa por causa de acordos comerciais ou como axudas directas, en ocasións para paliar os efectos de desastres naturais. O FIDE se propón coma o vehículo axeitado para canalizar esas axudas dun xeito mellor ca os sistemas actuais, que en ocasións teñen pouca ou ningunha utilidade, xa que unha vez concedidas se perde o control sobre as mesmas, acabando na súa maior parte en mans da corrupta clase dominante. O FIDE permitiría garantir o obxecto final desas axudas, e dicir, a construcción de infraestructuras sanitarias, educativas e de comunicacións, dun xeito mais eficiente, e se deseña axeitadamente sen os problemas da corrupción.
Unha das partidas de onde se podería alimentar o Fondo, serían as relativas as xeradas pola presión publica os gobernos para que destine o 0,7% do PIB a proxectos de desenrolo, co que se podería establecer unha vía estable de financiamento a partir dos presupostos dos países ricos.
O outro xeito de financiamento son as doazóns de entidades privadas. Anualmente, tanto as grandes fortunas como as mais modestas clases medias, así como numerosas empresas, contribúen a infinidade de programas de axuda no terceiro mundo a través dunha chea de ONG s e outras institucións. Moitas delas teñen unha taxa de transferencia de recursos moi baixa, xa que grande parte dos ingresos se gasta no primeiro mundo en burocracia, servicios e publicidade, o cal non é moi beneficios. De calquera xeito o FIDE sería unha mais das opcións dentro da liberdade individual de contribuír a aquelas organizacións que cada quen desexe.
Un incentivo ás contribucións ó Fondo, estaría en mans dos gobernos dos países ricos, se considerasen as achegas privadas coma un ben para a humanidade, e outorgaran créditos fiscais do mesmo xeito que outras organizacións coma a Cruz Vermella en España.