Ixumm: Ideas X un mundo mellor

Este blog pretende publicar dun xeito sinxelo e rapido distintas ideas que desenvolvin o longo do tempo co obxecto de dalas a coñecer e de que se alguen as atopa de utilidade que as empregue.

23.9.04

Fondo Internacional de Débeda Externa (FIDE) (I)

Un dos principais problemas que asexan os países pobres é a Débeda Externa. Esta supón un lastre cara o seu futuro, xa que drenan constante e irremediablemente os seus escasos recursos moi necesarios para o seu progreso. Numerosos países que xa teñen dificultades para recadar fiscalmente fondos para financiar as usas inversións e servicios básicos atópanse con que teñen que dar unha importante parte deses ingresos en concepto de intereses a bancos i estados estranxeiros ou a organizacións coma o FMI, limitando as posibilidades de saír do buraco no que están metidos. A discusión de cómo se chegou a esta situación é sumamente erma e carente de sentido, so a ser tida en conta nos condicionantes dunha situación factible e duradeira. Así que non podemos na actualidade poñernos a xulgar se eses países chegaron a esa situación por gobernos corruptos, guerras civís ou calquera outra circunstancia, que en moitas ocasións son consecuencia das actuacións do primeiro mundo neses países por intereses estratéxicos militares, de recursos naturais ou económico.
Dende este punto de vista pragmático, non importa (relativamente) o pasado e que hai que plantexar solucións factibles e sostibles no tempo e así acabar con situacións de inxustiza que son o caldo de cultivo da inmigración ilegal, terrorismo, mafias, etc.…
As propostas de solución a este problema xa se teñen presentado, sendo mais ou menos acertadas. Unha das que mais éxito acadou, sobre todo en movementos de esquerda esta na condonación da Débeda, xa ben de xeito directo ou en troque de acordos comerciais, xeralmente en beneficio de grandes multinacionais (este sistema favorecido polos gobernos de dereita). En ámbolos dous casos, penso que non so e negativo, senón contraproducente. No segundo caso porque supón a pervivencia dun colonialismo económico que se ten demostrado con efectos nefastos para a economía deses países, xerando corrupción, ineficiencias, derroches, etc…No outro porque supón un mal precedente eximilos de toda responsabilidade da sua actual situación e unha incitación implícita a cometer os mesmo erros que no pasado.
Unha boa solución sería que orientarse a solventar os dous principais efectos negativos da Débeda Externa: En primeiro lugar a paliar a drenaxe de recursos mi necesarios para o seu desenvolvemento que supón o pago dos intereses da mesma i en segundo lugar a fomentar un sentimento de responsabilidade neses países con respecto o que queren ser. Neste punto quixera facer unha critica a organizacións coma o FMI, que se limitan a impoñer determinadas ortodoxias macroeconómicas sen atender ós problemas de fondo nos países nos que operan, empeorando a situación en moitos casos, como por exemplo a Arxentina.